Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.772

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 11 de setembro de 1996, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á solicitude de revisión de puntuación do segundo exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio), de conformidade co segundo parágrafo do apartado 1 da base quinta, correspóndelles ós tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e á cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas no relativo ó desenvolvemento concreto das probas selectivas.

Recibidas polo tribunal peticións dalgúns aspirantes para verificación da puntuación que se lles outorgou, ou mesmo para revisión do seu exercicio, feitas as oportunas comprobacións na corrección deste, procede agora darlle publicidade no DOG, ademais de nos lugares previstos na convocatoria para a publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, de conformidade co disposto no artigo 59.5 b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo que, tralo respectivo acordo, este tribunal anuncia:

Primeiro.-Estima-la reclamación contra a puntuación do segundo exercicio formulada por Manuel González Lijo, DNI 52.455.869, no sentido de outorgarlle a este 18 puntos.

Segundo.-Desestimar tódalas demais reclamacións presentadas.

Terceiro.- presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1996.

Carlos Negreira Souto

Presidente do tribunal

6699