Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno con data 1 de agosto de 1996 aprobou inicialmente o proxecto de apertura e urbanización das rúas Camiño da Portiña e travesía entre República Arxentina e Camiño do Inferniño, promovido mediante iniciativa particular por Construccións e Obras Hogar 2000, S.L.

Durante o prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da inserción do anuncio no DOG poderá ser examinado por calquera persoa e formularse as alegacións que procedan. Contra o acordo de suspensión de outorgamento de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, logo de comunicación a este concello (artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

En Marín, 14 de agosto de 1996.

Antón Martínez Arias

Alcalde accidental

6503