Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración de 25.000 almanaques da Coruña para o ano 1997.

1. Entidad adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S96/108.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: almanaques da Coruña para o ano 1997.

b) Número de unidades a entregar: 25.000

c) División por lotes e número: non

d) Lugar de entrega: Departamento de Protocolo.

e) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, sen que en ningún caso poida ser superior ó día 10 de decembro.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 80.000 pesetas.

6. Obtención de documentación información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos del contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se debe presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Domicilio: véxase punto 6 b.

3º Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6 b). Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de 25.000 almanaques da Coruña para o ano 1997».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 19 de setembro de 1996.

O alcalde

P.D.

Rubricado

6501