Por esta cédula, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Jesús Teixeira Jiménez, adxudicatario da vivenda do expediente PO-83/440, correspondente á conta 87 sita na avenida de Galicia nº 65, portal 12-2º D de Vigo, que o vindeiro día 3 de outubro, ás 11 horas, procederase a executa-lo lanzamento derivado do expediente de desafiuzamento seguido por falta de pagamento, e en virtude da autorización xudicial concedida para a entrada en domicilio de particulares polo Xulgado de Instrucción número dous de Vigo.
Para este acto comparecerá no seu domicilio Emilio Palacios Rivera, recadador da empresa colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, Hnos. Alonso Garrán, S.L. debidamente autorizado con credencial asinada para o efecto polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e co auxilio das forzas de seguridade.
Para poder paraliza-lo dito acto poderá facer efectiva a débeda pendente mailo recargo establecido, en calquera momento anterior do lanzamento.
Poderá así mesmo deixar voluntariamente a vivenda que ten adxudicada, facendo entrega das chaves na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1996.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
6998