Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/136-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: LL.MM.TT. a 20 kV, Guindibo de Arriba e Guindibo de Abaixo.

Situación: Ordes.

Características técnicas: L.M.T., aéreas, a 15/20 kV, de 315 e 32 m en conductor de aluminio tipo LA-56 que parte da L.M.T. Santiago de Compostela, Ordes (expediente 27570) e final nos CC.TT. que se vai construír tipo aéreos de 50 kVA nos lugares de Guindibo de Arriba norte e sur. Concello de Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

9606568