Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.738

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1996 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Fundamental e Industrial, a Francisco José Penedo Blanco.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade de 3 de xullo de 1995 (BOE do 29 de xullo), para a provisión da praza nº 95/034 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Fundamental e Industrial desta universidade, a favor de Francisco José Penedo Blanco, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenlolven, resolveu nomear a Francisco José Penedo Blanco profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Fundamental e Industrial desta universidade.

A Coruña, 19 de agosto de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

6590