Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.735

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais de María Victoria Monteiro Ucha, participante no concurso L-01/1996, convocado pola Orde do 30 de abril de 1996 (DOG número 88, do 6 de maio), para a provisión de postos de traballo incluídos na oferta pública de persoal laboral.

Convocado o concurso L-01/1996 para a provisión de postos de traballo vacantes incluídos na oferta pública de persoal laboral publicado no DOG nº 88, do 6 de maio de 1996, sendo admitida no concurso por Resolución do 6 de setembro de 1996 (DOG nº 178, do 11 de setembro) María Victoria Monteiro Ucha, e á vista da proposta realizada pola comisión encargada de aprecia-los méritos alegados polos concursantes, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as puntuacións provisionais de María Victoria Monteiro Ucha para cada un dos postos solicitados por ela. Esta relación atópase exposta nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de información e atención ó cidadán, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Segundo.-A interesada poderá formular reclamación en relación coas puntuacións provisionais, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días desde a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación realizarase mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

6929