Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, na súa sesión do 29 de xullo de 1996, o PAU Cambeses (3514/411), de iniciativa municipal, redactado polo arquitecto Juan Ángel Visier Gil, con visado do COAG do 14 de febreiro, 14 de marzo e 17 de xuño de 1996; sométese a información pública o expediente durante o prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e mais no taboleiro oficial de edictos da casa do concello.
A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística, podéndose presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata o remate do prazo de exposición, logo do derradeiro anuncio.
Vigo, 22 de agosto de 1996.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde
6090