Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO do 29 de xullo de 1996 polo que se somete a información pública a aprobación do proxecto de urbanización da rúa trasversal á rúa Miño.

A alcaldía deste concello, en data do 2 de xullo de 1996, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa transversal á rúa Miño, promovido por Serafín Sanjurjo Fernández e redactado polos arquitectos asociados BMV, S.L.

Exponse ó público durante o prazo de quince días contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente quedará á disposición de calquera que desexe examinalo, na Unidade de Obras e Urbanismo. Podéndose presentar, neste prazo, as alegacións que se consideren pertinentes.

Narón, 29 de xullo de 1996.

Xoán gato Díaz

Rubricado

9606681