O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 10 de xullo de 1996, adoptou o acordo de aprobar definitivamente o proxecto das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do concello de Campo Lameiro. Contra o anterior acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de comunicación a este concello, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Campo Lameiro, 26 de agosto de 1996.
Julio Sayáns Bugallo
Alcalde
9606551