Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de reforma da rúa Pasteur, tramo comprendido entre a Ronda de Outeiro e a rúa Isaac Peral.

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: 096/56.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de reforma da rúa Pasteur, tramo comprendido entre a Ronda de Outeiro e a rúa Isaac Peral.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 19.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: 380.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo,

quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido dos mesmos («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reforma da rúa Pasteur, tramo comprendido entre a Ronda de Outeiro e a rúa Isaac Peral».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 6 de setembro de 1996.

O alcalde

P.D.

Rubricado

9606221