Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, da adquisición de tres equipos de anestesia, un desfibrilador, un respirador volumétrico e unha cabina de fluxo laminar.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 de 6 de xuño), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, da adquisición de tres equipos de anestesia, un desfibrilador, un repirador volumétrico e unha cabina de fluxo laminar.

I. Obxecto e orzamento.

A adquisición de tres equipos de anestesia, un desfibrilador, un repirador volumétrico e unha cabina de fluxo laminar, por un orzamento máximo de 13.000.000 de ptas. (IVE engadido).

II. Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación da adxudicación.

III. Documentos de interés para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministración do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. Tfno. (982) 29 65 52 e Fax (982) 21 29 24.

IV. Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de duascentas sesenta mil (260.000 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

V. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VII. Clasificación.

Non se precisa.

VIII. Criterios de adxudicación.

-Valoración técnica (ata 5 puntos).

-Valoración económica do servicio posvenda e contratos de mantemento (ata 4 puntos).

-Prezo (ata 3 puntos).

-Prazo de entrega (ata 2 puntos).

IX. Admisión de variantes.

Admítense variantes.

X. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persona que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

XI. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida

en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 24 de xullo de 1996.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

6731