Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.673

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 356/1996, do 13 de setembro, polo que se crean os institutos de educación secundaria de Ames e de Laracha, na provincia da Coruña, e de Alfoz, Rábade, Taboada e Xove, na provincia de Lugo.

O Estatuto de autonomía para Galicia establece, no seu artigo 31, que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e prazos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

Con base no exposto anteriormente, resulta conveniente atende-la demanda de postos escolares, tendo en conta para tal fin as necesidades existentes, a máis racional distribución de ensinanzas e as características das zonas con carencias no ensino, así como, se é o caso, proporcionar mellores instalacións que substitúan a centros existentes.

O obxecto deste decreto é crear nas localidades que nel se sinalan institutos de educación secundaria.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria en uso das competencias atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créanse os institutos de educación secundaria nos seguintes concellos:

-Ames (A Coruña) : 12 unidades.

-Laracha (A Coruña): 16 unidades.

-Alfoz (Lugo) : 8 unidades.

-Rábade (Lugo) : 12 unidades.

-Taboada (Lugo) : 8 unidades.

-Xove (Lugo) : 8 unidades.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adoptará as medidas necesarias para o mellor cumprimento do anteriormente sinalado e determinará os cadros de persoal docente, administrativo e subalterno necesario para o máis eficaz desenvolvemento das actividades docentes.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernandez

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9607000