Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 355/1996, do 13 de setembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo de 700 m sito no lugar de Abesadas, termo municipal de Ribeira (A Coruña), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun edificio que albergará os xulgados de ámbito municipal e do partido xudicial de Ribeira.

O Pleno da Corporación Municipal de Ribeira (A Coruña), reunido en sesión ordinaria do 29 de abril de 1996, acordou a cesión á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo de 700 m para a construcción dun edificio destinado a alberga-los xulgados de ámbito municipal e do partido xudicial de Ribeira.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda, feita nos termos en que o Concello de Ribeira acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun terreo de 700 m, pertencente ó concello de Ribeira, denominado Abesada de Dentro, na parroquia e concello de Ribeira, con fronte á rúa Mariño de Ribera,esquina coa rúa Barbanza.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia, no tomo 798, libro 202, folio 45, predio nº 17.007, inscrición 2ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción pola Consellería de Xustiza,Interior e Relacións Laborais dun edificio que albergará os xulgados de ámbito municipal e do partido xudicial de Ribeira.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, trece de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

9606919