Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión realizada o día 16 de xullo de 1996, acordou o seguinte:

Prestarlle aprobación, con carácter inicial, ó plan especial de Combarro e ó catálogo de edificios e conxuntos do T. municipal, agás o edificio correspondente á ficha 13-B12, que foron confeccionados, a petición do concello, pola arquitecta Pascuala Campos de Michelena.

Acorda-la suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición, naquelas áreas que as novas determinacións do planeamento (aprobado inicialmente) supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, así como aquelas parcelas, edificación ou elementos do T. municipal, contidas nas fichas elaboradas polo equipo redactor, non afectando a dita suspensión automática ás obras de reforma, salvo aquelas que puidesen facer inviable a protección especificada no plan especial ou catálogo, nin tampouco aquelas que fosen conformes e estivesen baseadas no réxime urbanístico vixente, sempre que se respecten as determinacións previstas no plan especial, facéndose constar que o prazo de duración da suspensión do réxime de outorgamento de licencias será dun ano, computado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Somete-los instrumentos urbanísticos a información pública durante o prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no taboleiro de edictos da Casa Consistorial, nun periódico dos de maior circulación provincial, no BOP e no Diario Oficial de Galicia, computándose o dito prazo desde a publicación do anuncio correspondente neste último diario, podendo, en consecuencia, durante ese prazo

calquera interesado examina-lo plan e o catálogo na oficina técnica municipal e formularse no mesmo prazo as alegacións que se consideren pertinentes.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Poio, 22 de xullo de 1996.

O alcalde

Rubricado

9606318