Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO CALDELAS

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 8 de agosto de 1996, o texto refundido dos traballos de revisión das NN.SS. do planeamento do concello de Castro Caldelas (Ourense). Sométese a exposición pública nas dependencias municipais, polo período dun mes contado desde a derradeira publicación, toda a documentación que constitúe o expediente; co fin de que os interesados poidan formula-las reclamacións que consideren pertinentes, durante o devandito período, as que deberán ser dirixidas o alcalde-presidente.

Castro Caldelas, 13 de agosto de 1996.

Eladio Osorio Castro

Alcalde

6394