1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º andar, 15704 Santiago de Compostela, teléfono: (981) 54 27 67, fax: (981) 54 27 62.
2. Modalidade da adxudicación: concurso.
3. a) Lugar da entrega da subministración: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña.
b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: un sistema de telemando dixital.
-Orzamento total: trinta e dous millóns de pesetas (32.000.000 de ptas.) IVE incluído.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: a totalidade da subministración, non se admiten variantes.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 30 días.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se pode solicita-los documentos pertinentes: ver prego de cláusulas, punto 1.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 4-11-1996.
6. a) Data límite da recepción das ofertas: 12-11-1996.
b) Enderezo ó a que se dirixirán: ver prego de cláusulas, punto 1.
c) Lingua o linguas en que deban redactarse: castelán ou galego.
7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde en San Lázaro a partir das 10 horas do 25-11-1996.
8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional do 2% do orzamento de licitación: 640.000 ptas.; fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación: 1.280.000 ptas. Ver punto 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: artigo 24 da Lei de contratos das administracións públicas.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: véxase folla de especificacións e enquisa técnica que se xuntan ó prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de condicións, punto 12.
14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicado no punto 1.
15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacions Oficiais das Comunidades Europeas: 17-9-1996.
16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolucción na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1996.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo.
Director xeral de Recursos Económicos
6907