Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 24 de setembro de 1996 Páx. 8.616

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de setembro de 1996 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, postos de traballo vacantes que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para os postos se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais, e nas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionados para ocupa-los postos de traballo funcionarios con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e nas demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario.

O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación

do posto

Código do postoDependenciaLocalidadeGrupoNivelComplemento

específico

Corpo ou

escala

Titulación

académica

Formación

específica

Subdirector/a xeral de Construccións e EquipamentosED.C02.00.003.15770.001Secretaría XeralSantiago de

Compostela

A302.229.156Xeral/especialTitulado superiorDiploma de

directivo

Xefe Servicio de PersoalED.C99.10.000.15001.111Delegación ProvincialA CoruñaA/B281.376.844Xeral

Secretario/a do secretario xeralED.C02.00.000.15770.001Secretaría XeralSantiago de

Compostela

B/C/D18524.508XeralMecanografía

Secretario/aED.C01.00.000.15770.003Gabinete do conselleiroSantiago de

Compostela

C/D18524.508XeralMecanografía

Secretario/a do director/a xeralED.C03.00.000.15770.001Dirección Xeral de PersoalSantiago de

Compostela

C/D18524.508XeralMecanografía

ANEXO II

Úsese o que se publica nas páxinas 8.614 e 8.615

6855