Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 24 de setembro de 1996 Páx. 8.598

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

DECRETO 348/1996, do 19 de setembro, polo que se nomea vicepresidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea a José Manuel García Iglesias.

En virtude do establecido no artigo 5.3º do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de setembro de mil novecentos noventa e seis,

Nomeo vicepresidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea a José Manuel García Iglesias.

Santiago de Compostela, dezanove de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

6821