Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de setembro de 1996 de notificación do requerimento de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente PO-283-CD/67, conta sesenta e un máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 e no artigo 132 en relación co 120.4º do Regulamento do VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento dos pagamentos das cantidades debidas polos conceptos que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédeselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó día no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que consideren convenientes para o seu dereito.

Advírteselles que, no caso contrario, se procederá á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, nos caso en que proceda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

-Elvira Rey Negro.

Expediente: PO-283-CD/1967. Cta. 60.

Polígono de Campolongo.

Grupo vivendas da Peregrina, bloque 2-3º D, Pontevedra.

111.000 ptas. en conceotp de custo dos servicios ós que se refiren as normas cuarta e quinta do artigo 120 do Regulamento de VPO.

-Elaudina Casas Rodríguez.

Expediente: PO-283-CD/1967, Cta. 93.

Polígono de Campolongo.

Grupo vivendas da Peregrina, bloque 2-12º A. Pontevedra.

229.000 ptas. en concepto de custo dos servicios ós que se refiren as normas cuarta e quinta do artigo 120 do Regulamento de VPO.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

9606113