Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Verín e A Veiga, con anexos: V-3030; XG-342, por substitución da concesión: V-3030, entre Verín e A Gudiña, con anexos.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 144, do 23 de xullo de 1996, é necesario efectua-las oportunas correccións.

Na páxina 7.122, na columna da dereita, o apartado «III. Tarifas», queda redactado como se indica a continuación:

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9.7335 pesetas.

* Tarifa usuario: 10,4148 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos: 1,46 pesetas.

6633