Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1996 pola que se anuncia o concurso público 8/1996, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de tarxetas rede para PC e Macintosh, para o rectorado (expediente 1028/1996).

Convócase concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de tarxetas rede para PC e Macintosh, para o rectorado.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións, por concurso público, pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Ozamento de contratación: nove millóns de pesetas (9.000.000 de ptas.).

Garantía provisional: cento oitenta mil pesetas (180.000 ptas.).

A Coruña, 12 de setembro de 1996.

José María Pujalte Giménez

Xerente

9606816