Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996 pola que se anuncia o concurso público 8/1996, procedemento aberto, para a subministración dun criostato para o Dpto. de Bioloxía Celular e Molecular na Facultade de Ciencias (expediente 1025/1996 II).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración dun criostato para a Facultade de Ciencias.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións, por concurso público, pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Ozamento de contratación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).

Garantía provisional: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

A Coruña, 3 de setembro de 1996.

José María Pujalte Giménez

Xerente

9606814