Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a adquisición de 300 vivendas en fase de proxecto en diversas localidades de Galicia.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a seguinte contratación polo sistema de concurso aberto.

Obxecto: adquisición de 300 vivendas en fase de proxecto en tódolos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia onde exista carencia de vivendas ou un desaxuste importante entre a oferta e a demanda das mesmas.

Orzamento: 3.000.000.000 de pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 26 meses.

Garantía provisional: O 2% do orzamento de licitación.

De conformidade co establecido no R.D. 1883/1979, do 1 de xuño, cando o ofertante execute por si mesmo as obras, dispénsase da obriga de presenta-la garantía provisional a tódolos promotores-contratistas que acrediten a clasificación requirida para o tipo de obra e orzamento a executar.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que han de rexe-la contratación, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, na Área Central, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, desde as 9 as 14 horas, de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme ó modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, antes das 14 horas do día 21 de outubro de 1996.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación, reunirase en sesión pública ás 10 horas do día 4 de novembro de 1996.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

6797