Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica
variante entre os apoios 4 ó 6 da L.M.T. ó C.T. de Guizán, en Barreiras e Castro, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.4 existente da L.M.T. ó C.T. e Guizán, rematando no apoio existente n.6 da mesma liña, en Barreiras e Castro, concello de Mos.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20/15 kV, de 166 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
Orzamento: 924.057 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de agosto de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6641