Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.534

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1996 pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocadas por resolucións do 18 de maio e do 19 de xuño de 1995.

Por resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 10 de outubro de 1995 (DOG nº 200, do 18 de outubro), modificada polas do 31 de outubro de 1995 (DOG nº 214, do 8 de novembro) e do 27 de maio de 1996 (DOG nº 112, do 7 de xuño), e do 31 de xaneiro de 1996 (DOG nº 35, do 19 febreiro), modificada polas do 26 de febreiro de 1996 (DOG nº 54, do 15 de marzo) e do 27 de maio de 1996 (DOG nº 112, do 7 de xuño), nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocados por resolucións do 18 de maio (DOG nº 99, do 25 de maio) e do 19 de xuño (DOG nº 122, do 27 de xuño) de 1995.

O apartado 6 da base quinta da convocatoria dispón que a autoridade convocante ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se nomeen os novos membros dos tribunais que teñan que substituí-los que perdan a súa condición así como os seus substitutos, producíndose deste xeito unha nova composición deles.

Por todo isto, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 10 de outubro de 1995 modificada, á súa vez, polas resolucións do 31 de outubro de 1995 e do 27 de maio de 1996, nos termos reflectidos no anexo I da presente resolución.

Segundo.-Modifica-la Resolución do 31 de xaneiro de 1996, modificada, á súa vez, polas resolucións do 26 de febreiro de 1996 e do 27 de maio de 1996, nos termos reflectidos no anexo II da presente resolución.

Terceiro.-A presente resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

TRIBUNAL DA CATEGORÍA DE CELADOR

-O presidente titular, Carlos Negreira Souto, é substituído por Carlos Crespo Sabarís, actualmente vocal titular.

Á súa vez, Carlos Crespo Sabarís, é substituído como vocal titular por Arturo Miguel Hermida Paredes.

-O presidente suplente, Francisco Villar García-Moreno, é substituído por Javier Bouzada Romero.

ANEXO II

TRIBUNAL DA CATEGORÍA DE ATS/DUE

-O presidente titular, Carlos Negreira Souto, é substituído por Jaime Torres Rey, actualmente presidente suplente.

Á súa vez, Jaime Torres Rey, é substituído como presidente suplente por Luciano Vidán Martínez.

6745