Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.531

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de setembro de 1996 pola que se nomea persoal interino do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos.

Por Orde do 4 de marzo de 1996 (DOG nº 55, do 18 de marzo) convocáronse probas selectivas para cubrir, por persoal interino, catro prazas do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos (grupo A), vacantes no Instituto Galego de Estatística.

Logo de realizadas as probas selectivas ás que se refería a base cuarta da orde de convocatoria vista a proposta elevada polo tribunal, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria e segundo o establecido na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e demais normativa concordante,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear persoal interino do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, os aspirantes que a continuación se especifican:

Nome e apelidosDNI

Andión Hermida, Esteban33.320.260

Tarrío Tobar, Ángel Luis33.286.276

Del Río Viqueira, María Isabel32.805.391

Arias Burgos, Carolina34.261.625

Segundo.-De conformidade co previsto na base novena da orde de convocatoria das probas, no prazo máximo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, as persoas nomeadas deberán acreditar que reúnen os requisitos esixidos na base segunda da orde pola que se convocan as probas selectivas. Para este efecto, deberán presentar na Dirección Xeral da Función Pública os documentos que se relacionan na base novena da base da convocatoria.

A Dirección Xeral da Función Pública, logo de comprobar que reúnen os requisitos esixidos, procederá a expedírlle-la correspondente credencial de persoal interino do grupo A (escala superior de estatísticos) da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Cumpridos os trámites anteriores, as persoas nomeadas tomarán posesión no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó de finalización do prazo sinalado na referida base novena, debendo presentarse para este acto na Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, procedéndose á asignación dos correspondentes postos de traballo.

Cuarto.-O Servicio de Persoal da unidade administrativa á que sexan destinados os nomeados deberá remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia da dilixencia de toma de posesión inserida na credencial.

Quinto.-Os que superasen as probas selectivas correspondentes e nos prazos sinalados con anterioridade non presenten a documentación, o fagan de forma incompleta, ou non se incorporen ó respectivo posto de traballo, decaerán nos seus dereitos, agás en casos de forza maior.

Sexto.-Contra a presente orde poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6700