Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 1 de agosto de 1996, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do camiño de Outeiro a Cudeiro, por instancia do Concello de Ourense.

Conforme dispón o artigo 117.3 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, sométese o expediente a información pública na Casa do Concello durante o prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP e no da Comunidade Autónoma, onde poderá ser examinado e presentarse as alegacións procedentes.

Ourense, 9 de agosto de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

6517