Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.506

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (58/1996).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 58/1996, sobre furto, cítase a Carlos Alberto Lisboa, en concepto de denunciado, co fin de que o día vintecatro de setembro de 1996, ás 13.30 das súas horas, compareza perante a Sala de Audiencia do Xulgado de Instrucción número un de Santiago de Compostela, r/ Algalia de Abaixo, nº 24-1º, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba intente valerse, prevíndoo de que, en caso de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Carlos Alberto Lisboa, cos apercibimentos acordados, libro a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela, catro de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

6683