Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 18 de setembro de 1996 Páx. 8.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do cuarteirón entre Montecelo Alto e a Travesía de Vigo.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 3 de xuño de 1996 o estudio de detalle do cuarteirón entre Montecelo Alto e a Travesía de Vigo (expediente n1 3367/411), exponse ó público polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da casa do concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo ámbito do estudio de detalle de referencia, cos límites seguintes: norte, Montecelo Alto; sur, Montecelo Alto; leste: Montecelo Alto; oeste: Travesía de Vigo, entre o 153 e o 163.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

Á documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 21 de xuño de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.