Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. Ponte Sampaio I que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a subestación de Ponte Sampaio ata o apoio n.4 do paso aéreo-subterráneo da liña que se proxecta Ponte Sampaio I, concello de Pontevedra.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20/25 kV, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
Orzamento: 1.673.752 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 30 de xullo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9606579