Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 11/1996, polo procedemento aberto, tramitación con carácter urxente, para a contratación da subministración dunha lámpada de quirófano e unha mesa de anestesia.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111 do 6 de xuño ), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca a seguinte concurso público, polo trámite de urxencia:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: subministración dunha lámpada de quirófano e unha mesa de anestesia.

Orzamento: 5.000.000 de ptas. (cinco millóns de ptas.).

Prazo de execución: antes de 30 dias, a partir da comunicación da adxudicación.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público nº 11/1996, tramitado con carácter urxente.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios globais, así como das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica: acreditarase por medio de mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.

Fianza provisional: 2% do orzamento total do lote o que se licite.

Criterios de adxudicación:

Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1Prezo ofertado 5 puntos

2 Calidade dos materiais3 puntos

3Prazo de entrega 2 puntos

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de lúns a venres. (Tlno. (986) 86 23 63 e fax. (986) 84 79 41).

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentacion de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 14 de agosto de 1996.

Juan J. Fernández Ramos

Director xerente do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón

5939