Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 306/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de central de coxeración en Ribadetea, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Cerámica de Puenteareas, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Ribadetea, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: producción de enerxía eléctrica e aproveitamento da calor residual.

Características principais: central de coxeración composta de: 2 grupos de 500 kVA, cada un. 2 depósitos de combustible de 30.000 litros cada un. Equipo de manobra, control e protección grupos. 2 intercambiadores de calor. Equipo de acoplamento, manobra, transformación e protección en alta tensión.

Orzamento: 30.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de agosto de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6428