Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Sanguiñeda-Monte que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.3 da L.M.T. 13.24 na súa derivación ó C.T. Rosalino rematando no C.T. que se proxecta en Sanguiñeda-Monte, concello de Mos.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20/15 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor
tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 270 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 36 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.
Orzamento: 3.927.402 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 30 de xullo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9606457