Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.457

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 4 de setembro de 1996 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan (Mondoñedo e nove máis).

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso entre aspirantes aprobados nas últimas oposicións convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 1 de febreiro de 1995 (BOE do 8 de febreiro), e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do Regulamento para a súa execución e 17 da Lei de réxime xurídico da Administración do Estado.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981 e o decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-los rexistros da propiedade vacantes radicados no territorio desta Comunidade Autónoma, outorga nomeamento a:

Teresa Luisa Palmeiro Pereiro, aspirante nº8, para o rexistro de Mondoñedo (Lugo).

Luis Delgado Juega, aspirante nº13, para o rexistro de Ribadavia (Ourense).

José Ignacio Marquina Sánchez, aspirante nº15, para o rexistro de Xinzo de Limia (Ourense).

Marina Rey Suárez, aspirante nº21, para o rexistro de Ponte-Caldelas (Pontevedra).

Susana Abad Sanchís, aspirante nº26, para o rexistro de Becerreá (Lugo).

Óscar Germán Vázquez Asenjo, aspirante nº28, para o rexistro da Pobra de Trives (Ourense).

Mª Aurora Sacristán Crisanti, aspirante nº30, para o rexistro de Quiroga (Lugo).

Diego Palacios Criado, aspirante nº31, para o rexistro da Fonsagrada (Lugo).

Francisco José Castaño Bardisa, aspirante nº32, para o rexistro de Viana do Bolo (Ourense).

Mª Teresa Alonso Prado, aspirante nº33, para o rexistro de Bande (Ourense).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1996.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

6701