Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1996 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 28 de novembro de 1995.

Vista a Resolución do 12 de xuño de 1996 (DOG nº 118 do 17 de xuño), do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, pola que se ordena a publicación da proposta de aspirantes que superaron as citadas probas selectivas, convocadas pola Orde do 28 de novembro de 1995 (DOG nº 236 do 12 de decembro); corrección de erros (DOG nº 157 do ano en curso) e así mesmo vista a Orde do 19 de xuño de 1996 ( DOG nº 125 do 26 de xuño) pola que se eleva a definitiva a dita proposta, verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de

Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, nas bases da convocatoria e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios/as do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) escala de letrados, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, de acordo coa puntuación final obtida, destinándoos/as ós postos de traballo que así mesmo se especifican e co carácter que se menciona.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refiere o anexo desta resolución deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, a partir da data da publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

ESCALA DE LETRADOS

Nº: 1.

Apelidos e nome: Benedeti Corzo, Susana Loreta.

DNI: 32.792.306.

Puntos: 110.63.

Posto destino:-Código: SAS991000232001002.-Denominación: letrado.-Localidade: Ourense.-Carácter con que se ocupa: provisional.

Nº: 2.

Apelidos e nome: Pillado Quintáns, Manuel.

DNI: 32.779.111.

Puntos: 109.08.

Posto destino: -Código: SAS991000227001001.-Denominación: letrado.-Localidade: Lugo.-Carácter con que se ocupa: provisional.

Nº: 3.

Apelidos e nome: Vázquez Seijas, Juan José.

DNI: 33.312.094.

Puntos: 102,65

Posto destino: -Código: PRP020000015770106.-Denominación: letrado asesor.-Localidade: Santiago de Compostela.-Carácter con que se ocupa: provisional.

6637