Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RECTIFICACIÓN de erros do anuncio de resolución do Concello da Coruña polo que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de melloras puntuais na rede de sumidoiros.

No Diario Oficial de Galicia do 12 de setembro de 1996 publicouse anuncio de concurso para a execución das obras comprendidas no proxecto de melloras puntuais na rede de sumidoiros. Neste anuncio produciuse un erro mecanográfico no apartado 8. Presentación de ofertas, no epígrafe a) Prazo. Indícase un prazo de presentación de proposicións de vinteseis días naturais, cando o correcto é de trece días naturais, polo que se entende que este prazo finaliza o 25 de setembro de 1996.

A Coruña, 12 de setembro de 1996.

A xefa da Unidade de Obras e Concesións

Rubricado

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.