Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración dun motor de neurocirurxía para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e ordinario (expediente 59/1996).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribicións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto e orzamento: a contratación da subministración dun motor de neurocirurxía para o Complexo Hospitalario de Santiago, por un importe total máximo de 4.500.000 ptas. (catro millóns cincocentas mil pesetas), IVE incluído.

II. Fianzas:

a) Provisional: 2 % do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente oferta.

b) Definitiva: 4 % do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

III. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

IV. Prazo de execución: a duración do contrato será desde a data de comezo da vixencia do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

V. Admisión de variantes: pódense presentar melloras sobre as características mínimas establecidas no prego de prescricións técnicas, sen supera-lo orzamento máximo autorizado.

VI. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VII. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VIII. Criterios de adxudicación: os que se establecen na folla de especificacións.

IX. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

X. Clasificación: non se esixe.

XI. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente,

no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital de Conxo ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIII. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIV. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

6427