Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T, C.T. e R.B.T. Pardemarín II que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 65 da L.M.T. ó C.T. Pardemarín I rematando no C.T. que se proxecta en Pardemarín II, concello da Estrada.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 334 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos.
C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
R.B.T., aérea, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 3.374.993 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el
as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 29 de xullo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6438