Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación de varias obras. (Expediente OUR-96/020 e OUR-96/030).

Cumpridos os trámites regulamentarios nos correspondentes expedientes administrativos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, das seguintes obras:

Obxecto: proxecto e obra de construcción de 5 vivendas, garaxes e rochos en Larouco, Ourense. Expediente OUR-96/020.

Orzamento: 38.215.036 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 18 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do R.D. 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 1.528.601 pesetas.

Clasificación esixida: C-2; C-4; C-6; C-7.

Categoría do contrato: c.

Obxecto: proxecto e obra de construcción de 5 vivendas unifamiliares, garaxes e rochos en A Peroxa, Ourense. Expediente OUR-96/030.

Orzamento: 37.805.751 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 18 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do R.D. 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 1.512.230 pesetas.

Clasificación esixida: C-2; C-4; C-6; C-7.

Categoría do contrato: c.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que han de rexerán a contratación, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, desde as 9 as 14 horas, de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme ó modelo que se xunta no anexo 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, antes das 14 horas do día 15 de novembro de 1996.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación, reunirase en sesión pública ás 10 e 10.30 horas respectivamente do día 26 de novembro de 1996, na Sala de Xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López.

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

96-6399