Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 83-1/1996).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e 9 CC.TT. no polígono Os Rosales.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe e chegada na subestación de San Pedro de Visma e que discorre polas viais correspondentes a urbanización do polígono dos Rosales na Coruña e cunha lonxitude de 3.450 m.

Nove centros de transformación servidos pola liña antes descrita, instalados en casetas prefabricadas de formigón, dos cales 5 están na rotonda elíptica e os outros 4 ó lado da avenida de acceso a urbanización, de 1.000 kVA/U e tensións de 15/0,380-0,220 kV, equipado cada centro con dúas celas de protección de liñas e unha de protección do trafo en SF6. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de xullo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6236