Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 13 de setembro de 1996 Páx. 8.368

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de setembro de 1996, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza vacante na Escola Galega de Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública, por Orde do 1 de xullo de 1996 (DOG nº 138, do 15-7-1996), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co artigo 27.2º, da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se expresa no anexo I da presente convocatoria.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente preste servicios o funcionario ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario así como daquel no que obteña a praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Apelidos e nome: García Porto, Jesús.

N.R.P.: 3325308813 A2060.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: secretario/a xeral.

Código do posto: PR.A01.00.000.15770.007.

Dependencia: Escola Galega de Administración Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.

6548