Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 11 de setembro de 1996 Páx. 8.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle na rúa Tomás A. Alonso, 16.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 2 de agosto de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o estudio de detalle na rúa Tomás A. Alonso, 16, desta cidade, formulado pola sociedade mercantil Cysugal, S.A. e redactado polos arquitectos Emilio Estévez Fernández, José Luis Pereiro Alonso e Borja Ramil Méndez, con visados do COAG de datas 21 de xuño e 4 de xullo de 1996, consonte cos informes e demais documentación do expediente administrativo municipal nº 4086/411.

Segundo. Somete-lo expediente ó trámite de información pública, durante o prazo de quince días, mediante a publicación de anuncios no DOG, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro oficial de anuncios da casa do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Terceiro. Sinalar como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abraguida polo seu ámbito (predio nº 16 da rúa Tomás A. Alonso).

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dipor dos interesados na oficina municipal de Información (planta baixa da casa do concello) para exame e alegacións.

Vigo, 29 de agosto de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273