Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición do establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 257/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de C.T. na rúa San Telmo, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: na rúa San Telmo, concello de Tui.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

Orzamento: 4.975.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 15 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6283