Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición do establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 248/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. a subestación Pazos de Borbén, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio que se vai colocar nas proximidades do apoio n.15 da L.M.T. Atios-O Porriño-Redondela e rematando no C.T. que se proxecta próximo á sub. de Pazos de Borbén, concello de Pazos de Borbén.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20/15 kV, de 1.258 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos.

C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Orzamento: 5.714.104 ptas.

R.B.T., aérea, de 30 m de lonxitude, conconductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 10 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6341