Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. Chaos-Cercio, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio existente s/n da L.M.T. Belpellos-Mon
touto e remata no C.T. que se proxecta en Chaos-Cercio, concello de Lalín.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T. aérea, a 20/15 kV, de 42 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56.
C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
R.B.T. aérea, de 117 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 2.468.957 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 10 de xullo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6342