Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 10 de setembro de 1996 Páx. 8.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición do establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 244/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. Cesantes-Estrada, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 22 existente da L.M.T. Redondela-Pontesampaio, rematando no apoio a colocar n. 3, desde onde continua en soterrada ata o C.T. que se proxecta en Cesantes-Estrada, concello de Redondela.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20/15 kV, de 156 m de lonxitude e tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, e 25 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V.

C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

R.B.T. de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 4.417.766 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren

oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 10 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6331