Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1996 pola que se anuncia convocatoria de concurso por procedemento aberto para a explotación en réxime de concesión do matadoiro de Santiago de Compostela.

1. Obxecto: o obxecto do contrato é a xestión e explotación en réxime de concesión administrativa do matadoiro municipal, así como o transporte de carne.

2. Canon: 8.000.000 ptas./anuais como mínimo.

3. Duración do contrato: 15 anos.

4. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións para poder tomar parte na licitación, presentaranse no rexistro xeral do concello das 9 ás 14 horas, nun prazo de 26 a días naturais contados desde a data de publicación do anuncio no BOE.

5. Fianza provisional: 5.200.000 ptas.

6. Criterios de adxudicación: son os seguintes por orde decrecente de importancia:

a) Desde o punto de vista comercial e industrial, ata 70 puntos.

-As tarifas propostas máis reducidas. Ata 30 puntos, sempre que quede garantido a axeitada prestación do servicio, a conservación das instalacións e o equilibrio económico-financeiro da explotación.

-A experiencia e capacidade técnica e económica acreditadas para o exercicio da actividade, así como a viabilidade e garantías de atender axeitadamente o servicio ós establecementos da cidade. Ata 20 puntos.

-Melloras e ampliación das instalacións; productos que pretendan producir e formas; número de persoas empregadas na actividade; calquera outra característica similar indicativa da solvencia económica, comercial, industrial e de xestión. Ata 20 puntos.

b) Desde o punto de vista social, teranse en conta as melloras de todo tipo que pretenda introducir na xestión do matadoiro, así como a incorporación en cadro do persoal que presta actualmente ou teña prestados servicios no matadorio. Ata 20 puntos.

c) Desde o punto de vista económico: o maior canon ofrecido. Ata 10 puntos.

7. Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar en cato público que se celebrará na Casa do Concello, ás 12 horas do día do quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de instancias.

8. Fianza definitiva: 15.000.000 de ptas.

9. Modelo de proposición:

Don/ Dona .... con enderezo en ...., con DNI nº .... actuando en nome propio ou en representación de ...., con enderezo en ...., toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela para a prestación do servicio de matadoiro, e fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas administrativas e que se compromete a realiza-lo referido traballo consonte o devandito prego ofrecendo o canon anual de .... ptas.

O/A licitador/a

10. Prego de documentacións: poderá ser consultada na seguinte dirección: Concello de Santiago de Compostela. Sección Servicios-Contratación. Praza do Obradoiro s/n. Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: (981) 54 23 24.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1996.

O alcalde

Rubricado

6069