De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás peroas que a continuación se relacionan as fases nas que se atopan os expedientes contra elas instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
Nome: Coruña Expres, S.L.
NIF: B-15335318.
Expediente: 15-009/1996.
Prazo: un mes.
Trámite: resolución.
Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación da presente cédula, para poderen examina-lo expediente, na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, 2º andar, praza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 29 de xullo de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
6311