Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a concesión da explotación do servicio que máis abaixo se indica.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de xestión económica e contratación.

c) Nº de expediente: 205/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: concesión do servicio de reprografía da Facultade de Belas Artes, E.U. de Formación do Profesorado de EXB de Pontevedra

e E.U. de Enxeñería Técnica de Industrias Forestais (Exp. 205/1996).

b) Prazo de duración: o indicado no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Canon de explotación: importe total anual: 271.650 pesetas.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de xestión económica e contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1, 2ª andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 51.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a)...

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Oporto nº 1-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-lª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 12 de agosto de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía